Unha tarde perfecta

Unha tarde perfecta
10 de Novembro, 2022 - 02:32 h. | Publicada por Radio Fene

“Coa palabra na boca”. Un título moi acaído para a sesión que protagonizará a conta contos María da Pontragha este venres no Museo do Humor Xaquín Marín. Nova cita co ciclo “Novembro, mes do Humor”, que conmemora o aniversario do Museo. A través de Radio Fene, María da Pontragha prometeulle aos asistentes “moita diversión, nunha tarde perfecta".

ESCOITA O PODCAST:



Espectáculo dirixido ao público adulto. Con entrada de balde. Ás oito da tarde. “Coa palabra na boca” é a proposta de María da Pontragha,  alcume de María Iglesias, unha educadora e antropóloga que dende sempre mantivo un vínculo moi forte coa tradición oral, tanto a través da música coma da palabra en si. A antropoloxía serviulle para a recolleita de historias. E para comprobar o ben que saben falar e contar historias os nosos vellos e vellas. María comezou no 2009 a súa actividade no mundo da narración. Pero tamén é cultiva outras disciplinas artísticas. É percusionista e vocalista nos grupos Bouba e Lévedo, e vocalista no grupo Sacha na horta. Actúa en Fene, dentro do ciclo “Novembro, mes do Humor”, organizado pola Concellería de Cultura de Fene coa colaboración da Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Cultura

Publica o teu comentario agora