ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A compañía Ainternacional estrea esta fin de semana no Salón Teatro de Santiago a súa última produción, Hamlet, un traballo de investigación e laboratorio teatral sobre a célebre traxedia de William Shakespeare. Alfredo Padilla, actor especializado en teatro shakesperiano pola Royal Academy of Dramatic Art (RADA) de Londres, personifica nesta renovada versión a un príncipe de Dinamarca moderno e actual, cuxa loita interio
A produción representaráse este sábado 5 de marzo ás 20,30 horas e o domingo 6 ás 18,00 h. Trátase dun traballo de investigación e laboratorio teatral sobre a célebre traxeida de Shakespeare, con textos adaptados por Alfredo Conde. Padilla desestrutura a orde orixinal da fábula. Deste xeito, a montaxe empeza polo final da obra, a partir do momento en que Hamlet lle pide ao seu amigo Horatio, testemuña da traxedia, que conte a súa historia.
Temas como a traizón, a vinganza e a corrupción moral son tratados nesta proposta escénica, cargada de acción, con momentos de reflexión e cunha gran intensidade emotiva e actoral. Cunha posta en escena fiel á versión orixinal de Shakespeare, a trama relata como Hamlet descubre que o seu pai foi asasinado polo seu tío e padrastro Claudio, para arrebatarlle a coroa a súa dona.