Unha viaxe ao mundo submarino

Unha viaxe ao mundo submarino

04 de Xuño, 2013 - 12:00 h. | Publicada por

Os “Bautismos de mergullo” programados pola Concellería de Deportes de Fene abren mañá mercores o seu prazo de inscrición. Para os maiores de 16 anos haberá 10 prazas dispoñibles para realizar as actividades os días 22 e 23 de Xuño.

Ensinaráse a utilizar equipos lixeiros e pesados de mergullo, prácticas de respiración, normas de seguridade, etc. A xornada do 22 adicarase á formación da piscina municipal de Centieiras, e o día 23 se completará a actividade na praia de Chanteiro. O concello tamén organiza un bautismo de mergullo para nenos de entre 10 e 16 anos que se desenvolverá na piscina municipal de Centieiras o sábado 22 de xuño. Os nenos e nenas aprenderán a manexar un equipo lixeiro, prácticas de respiración e normas de seguridade. Neste caso o concello dispón 45 prazas a cubrir. As persoas interesadas deberán achegarse ao pavillon polideportivo da Xunqueira do 5 ao 20 de xuño en horario de luns a venres de 8 e media a 2 e media. E mércores tamén pola tarde de 4 e media a 7. O custe da actividade é de 6,25 euros para os non abonados e de 4,92 euros para abonados familiares ou matriculados nalgunha actividade deportiva municipal.A actividade será realizada coa colaboración do Clube de Actividades Subacuáticas Nautilus, quenes proporcionarán todo o material deportivo necesario

Deportes