Unha vila con moita melodía

Unha vila con moita melodía
30 de Maio, 2025 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

En Pontedeume houbo moitas bandas de música, agrupacións folclóricas, comparsas e grupos que cantaban o aguinaldo. Pero non se conservaban as partituras, apunta Xose Paz “Pepucho”. 

ESCOITA O PODCAST:
Pepucho en Radio Fene

Xosé Paz toca o óboe, a frauta doce,a mandolina, o laude, a zambomba, o violoncello e sobre todo a guitarra en serenatas e comparsas. Ademais dirixe a Coral Polifónica Eumesa e formou tamén o grupo Folerpiñas co que participou no certame Cantareliña que organizaba Saraibas. Agora ven de publicar a quinta parte do Cancioneiro eumés denominado Apañando letras e sons. Recolle en case mil páxinas máis de 600 partituras e letras de cancións. Cantos de cego, romances, pregóns coplas populares e poesías. O seu labor de investigación xa se plasmou en cinco cancioneiros.
 

 

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora