ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Kerouac estaba fascinado polo jazz, polas paisaxes de Norteamérica e polas mulleres. En 1957 publica a novela On the road, “No camiño”. A obra definitiva da xeración beat describe un xeito romántico e bohemio da vida. O libro é un dos clásicos máis influentes do século XX. Esta considerada como unha das cen mellores novelas en inglés. Prosa espontánea con ritmo frenético e improvisado. On the road é o título da exposición que o colectivo de fotógrafos Ollo atlántico abre esta tarde no Torrente Ballester de Ferrol.
Participan na iniciativa Andrea Ratto, Darío López Rubio “Chicho”, Fran Balseiro, Hermano Lobo, José Fonticoba, Luís Gonçalves, Malena Carballo e Matías Rial.Poderá visitarse ata o 29 de setembro.
Publica o teu comentario agora