Unha xiringadela do Caión

Unha xiringadela do Caión
12 de Decembro, 2022 - 07:31 h. | Publicada por Radio Fene

O Caión meteulle unha xiringadela ao Maniños, amolouno con dous goles nos minutos de desconto. "No minuto 90 íamos 0-1 e no 96 quedamos 2-1", resume o técnico do Maniños, Pablo Mesa. "Fixemos un grandísimo partido e saímos animicamente tocados porque é difícil interpretar a razón da derrota", conclúe o adestrador que salienta: "Precisamos cambiar de xeito urxente a dinámica".

ESCOITA O PODCAST:

Fotografía Xan Xe

Escoita ao adestrador do Maniños Pablo Mesa
http://173.255.131.18/audio/121222MESA.mp3

Fotografía Xan Xe

Mesa destaca o esforzo e implicación dos xogadores en adestramentos e partidos. Veñen de enfrontarse e de xogar como iguais co líder da Primeira Galicia de fútbol, o Clube do Mar de Caión. 

Deportes

Publica o teu comentario agora