Unha xogadora con gran peso específico

Unha xogadora con gran peso específico
25 de Setembro, 2025 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

"Cris Silvar é unha xogadora moi boa, ten un gran peso específico no vestiario, é a nosa capitana, a mellor baza do Maniños no centro do campo" afirma o adestrador Xurxo Rodriguez Filgueira. O equipo comezou xa a Segunda División Galega de fútbol feminino. A próxima fin de semana visita ao Milagrosa de Lugo.  

ESCOITA O PODCAST:

Conversa co adestrador do Maniños Xurxo Rodriguez Filgueira:

https://redefusion-eu.us.stackstaging.com/audio/230925RODRIGUEZ.mp3

O novo adestrador Xurxo Rodriguez Filgueira busca lograr un ambiente familiar e divertirse coa práctica do fútbol. “Non renunciamos a nada a pesar do tropezo no primeiro partido. Temos que mellorar moito no aspecto defensivo e na efectividade diante da porta contraria” apunta Rodriguez.  No futbol femenino, na primeira xornada da competición oficial, na pasada fin de semana. Maniños 1 - 4 Unión Campestre.  

Deportes

Publica o teu comentario agora