Unha xornada para a unidade e a reivindicación en contra das minas da Terra Chá

Unha xornada para a unidade e a reivindicación en contra das minas da Terra Chá

25 de Maio, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

A primeira das accións que a Comisión de Asociacións en contra das minas da Terra Chá levará a cabo para presionar á administración autonómica diante do novo escenario lexislativo, que modificou a prohibición de realizar actividades mineiro-extractivas en solo rústico de protección agropecuaria e introduciu a posible autorización para elo. A pasada fin de semana tivo lugar a  “Xornada contra a extracción de

As diferentes intervencións tiveron lugar pola tarde, e comezaron polas mesas redondas nas que se debateron a nova lexislación, así como as posibles consecuencias que se poden derivar desta nova base. Así, no primeiro relatorio, o presidente do Instituto Universitario de Xeoloxía Isidro Parga Pondal, Vidal Romani, resaltou que “non se lle ve utilidade social ao proxecto”, e incidiu nas consecuencias que a extracción de cuarzo poderían atinxir, das que destacou a posibilidade de grandes inundacións debido ás características do chan da zona.

Pola súa banda, Margarida Prieto Ledo, actual coordinadora comarcal do Sindicato Labrego Galego (SLG), fixo un percorrido por estes tres anos de loita veciñais, nos que se presentaron un bo número de recursos, alegacións, xuntanzas, mobilizacións e demais actos reivindicativos por parte de asociacións e veciños chairegos.

A través do asesor xurídico do SLG, José Pérez Rei se puideron coñecer os contenciosos interpostos pola multinacional Erimsa contra os concellos de Castro, Cospeito e A Pastoriza, arestora en curso. Pérez Rei recalcou que se trata dunha actividade autorizable, máis non "permitida", malia o cambio lexislativo.

Outras das accións desta xornada foron as diferentes lecturas por parte de persoas do eido da cultura, entre as que destacaron as intervencións de Xabier Cordal,  Darío Xohán Cabana e Alfonso Torrado.    O manifesto de apoio á loita contra as minas na Terra Chá, realizado por Docampo, foi finalmente lido por Xabier Cordal; xa que Docampo non puido acudir por coincidir cunha homenaxe á súa persoa.

O serán e a noite foron o espazo para a música, xa que tivo lugar un concerto nos que se subiron ao escenario muimentino  os grupos Ruxe-Ruxe, Zenzar, García Dj (de Dios ke te crew), De Perfil e Banda Potemkin.

Sociedade