ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A Asamblea do Rácing Vilalbés deu un pequeno respiro á delicada situación que se vivía nos despachos de A Magdalena. Na reunión celebrada no serán de onte acordouse a continuidade do mesmo equipo directivo pero baixo unha nova forma e cun novo presidente. O actual organigrama, integrado por unha presidencia, unha vicepresidencia e direccións de área, deixará paso a unha Xunta Xestora encabezada por José Antonio Pita P
Con esta medida, a formación vilalbesa gaña tempo para preparar unha candidatura de cara ao ano que ven, xa que unha das premisas adoptadas onte foi a data de caducidade para esta Xunta Xestora: maio de 2010. Nese momento deberá estar constituía unha nova directiva que manexe o destino do Rácing, xa que a decisión de saír do actual equipo de goberno é “definitiva”, segundo estableceu o presidente saínte, Javier González.
Desta maneira evítase a única posibilidade que quedaba, que era deixar o equipo nas mans da Federación Galega de Fútbol ao non haber ningunha candidatura que culminase o proceso electoral aberto desde fai un mes.
Cun horizonte deportivo mais que despexado, xa que a formación verdivermella lidera con autoridade a Preferente Norte e está a tan só sete puntos do ascenso matemático a Terceira, a Xunta Xestora “continuará con todas as consecuencias para preparar o futuro inmediato do Rácing”, dixo González. De ascender, quedaralles un arduo traballo, xa que subir de categoría implicará un importante incremento do orzamento, que podería situarse preto dos 25.000 euros.