A Unión de Consumidores de Galicia axiliza as reclamacións fronte ás eléctricas

A Unión de Consumidores de Galicia axiliza as reclamacións fronte ás eléctricas

14 de Maio, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

As compañías eléctricas recibiron tan só no primeiro trimestre do ano máis de 20.000 queixas de abonados galegos reclamando por abusos nas facturas ou cortes do servizo. Boa parte delas non recibiron a atención debida e fixada por lei. Así as cousas, a Unión de Consumidores de Galicia vén de presentar unha maneira de axilizar as reclamacións perante as empresas que permitiría obter a indemnización correspond

Calquera reclamación por medicións de consumo, facturas ou cortes indebidos debe ser respondida polas compañías eléctricas no prazo de "cinco días hábiles para os usuarios con menos de 15 quilovatios de potencia contratados e de 15 días hábiles para o resto". Así consta no Real Decreto 1955/2000 do 1 de decembro, que establece sancións contra as subministradoras de enerxía non caso de incumprir os prazos. As indemnizacións para os usuarios por un caso de "falla de calidade na atención" pode superar os 30 euros ou o 10 por cento do seguinte recibo da luz por cada queixa non atendida.

 

Isto poida que haxa moitos clientes que non o saiban, pero as empresas si o contemplan. Malia todo, o secretario xeral da Unión de Consumidores de Galicia, Miguel López Crespo, asegura que nos últimos meses estase a comprobar que as compañías case nunca cumpren coa lei. Así as cousas, a UCGAL, o Instituto Galego de Consumo e as organizacións galegas de consumidores veñen de acordar a elaboración dun novo modelo de folla de reclamación que simplifica os trámites para as queixas e, ao mesmo tempo, funciona como "requirimento previo" do pagamento das indemnizacións previstas. Os impresos, que se poderán descargar da web da UCGAL, permitiranlle aos usuarios descontentos solicitar as compensacións de maneira sinxela sen que "pasen o medo" de ter que acudir a un avogado para tramitalo.

Sociedade