Unión pola construción naval

Unión pola construción naval
28 de Novembro, 2025 - 08:06 h. | Publicada por Radio Fene

“Fene é o meu pobo, Ferrol o meu veciño” afirmou unha das xoves presentadoras do acto da peña racinguista El Camarote de Fene. “Estamos unidos polos estaleiros, pola ponte das Pías e polo sentimento racinguista” indicou a outra rapaza que conduciu o acto. O presidente da peña Francisco Prieto “Cucho” afirmou que este é o momento de amosar a ilusión polo Racing de Ferrol. 

Máis de setenta socios e socias encheron o salón de plenos da Casa do Concello de Fene. Tamén participaron membros da Corporación e representantes do Perlio, Barallobre e Maniños. Os xogadores Sergio Tejera, Chema Rodriguez e Alvaro Ramón asistiron ao acto no que se dirixiu aos asistentes o presidente do club Manuel Ansede. Fene contaba ao peche da  pasada tempada con 264 abonados ao Racing.  Queren estender a afección polo equipo verde. Máis alá de Pontedeume será difícil, indicou o directivo Vítor Pico. 
 

Deportes

Publica o teu comentario agora