Unidos polo surf

Unidos polo surf
19 de Outubro, 2022 - 05:44 h. | Publicada por Radio Fene

Varios concellos galegos e do norte de España forman a Rede de Pobos do Surf. Unha iniciativa presentada hoxe en Valdoviño coa participación de tres alcaldes. Alberto González, Valdoviño; Ángel Mato, Ángel Mato, de Ferrol e presidente da Mancomunidade de Concellos da Comarca ferrolá e Evencio Ferrero, de Carballo, deron a coñecer a Rede que ten por obxecto unir esforzos para tirar proveito dun atractivo turístico que os une, o surf.

 

ESCOITA O PODCAST:

“A iniciativa parte de Valdoviño, aquí levamos tempo traballando para aproveitar un recurso que nos diferencia, o mar e as praias”, declarou Alberto González a Radio Fene. “Somos sede do Pantín Classic e da Copa de España de Surfing e temos o único Museo do Surf que hai en España”, lembra. Un mellor aproveitamento deste recurso turístico e a súa promoción é o motivo da creación da Rede de Pobos do Surf. Dela forman parte, xunto coa Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol e Carballo, os concellos de Getxo, no Pais Vasco; Ribamontán al Mar, en Cantabria, e Castrillón, en Asturias. Unidos polo reclamo que supoñen as ondas do mar para os surfistas. “Un turismo que atrae moita actividade económica”, di o alcalde de Valdoviño. “Aquí temos dezaseis escolas de surf, hai actividades paralelas como as dos construtores e reparadores de táboas e, o surf xenera moita movemento no sector hostaleiro”, explica. “Somos, despois de Ferrol, o concello con máis prazas de aloxamento, hai establecementos que non pechan en todo o ano”, lembra. O dos surfistas é un mercado turístico atractivo para a comarca pois “é un turista con sensibilidade que tamén pode visitar as casas indianas de Fene, facer remo ou padel en Ares, interesarse polos castelos de Moeche e Narahío ou polas escavacións arqueolóxicas de Cedeira”, asegura o alcalde de Valdoviño. 

 

Institucional

Publica o teu comentario agora