Unir forzas contra o cancro

Unir forzas contra o cancro
04 de Febreiro, 2021 - 12:38 h. | Publicada por Radio Fene

A asociación Por+vida de Fene manifestase hoxe "Día Internacional da loita contra o cancro” con estas intencións: “Unimos as nosas forzas para reivindicar e loitar a fin de mellorar a vida e previr contra esta enfermidade, e máis agora na era do covid-19”. Avogan por máis investimentos en investigación para o presente e futuro.

Hoxe 4 de febreiro celébrase o Día Mundial contra o Cancro, promovido pola Organización Mundial da Saúde, o Centro Internacional de Investigacións sobre o Cancro e a Unión Internacional contra o Cancro. O obxectivo é aumentar a concienciación e mobilizar á sociedade para avanzar na prevención e control desta enfermidade que, se non nos alcanza a nos, colle a persoas cercanas, tal é a incidencia desta doenza. Cada ano diagnostícanse no mundo máis de 14 millóns de casos novos e a enfermidade provoca 9,6 millóns de mortes ao ano.

En dias como hoxe, o apropiado é preguntarse, que podo facer eu no Día Mundial contra o Cancro?. As respostas que nos achegan desde as asociacións que traballan neste terreo son estas:

Apoiar a algún ser querido que estea a pasar pola enfermidade, unha chamada, unha visita para facerlle ver que non está só.

Tamén podes coidar a túa saúde evitando factores de risco. Podes informarche e concienciar aos demais, incluíndo as redes sociais co hashtag #DiaMundialContraElCancer.

Realizar algunha doazón para a investigación contra o cancro.

E mesmo seguir as actividades da organización de loita contra o cancro que teñas máis perto. Por+ vida é unha delas.

Sociedade

Publica o teu comentario agora