A Universidade da Coruña implanta o grao para adaptarse ao EEES

A Universidade da Coruña implanta o grao para adaptarse ao EEES

22 de Xullo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A Universidade da Coruña xa forma parte do Espazo Europeo de Educación Superior, coñecido como EEES. A ANECA, Agencia Nacional de Evaluación de la Calidad y la Acreditación, ven de aceptar as 24 propostas de grao que a Universidade da Coruña impartirá dende o vindeiro curso, xunto cos dous graos que xa estaban implantados. 

As titulacións sufren deste xeito unha importante transformación, sobre todo as de letras. Así por exemplo, as ata o de agora, filoloxía española, galega, portuguesa ou ingles, pasarán a ter os 2 primeiros anos en común, e será en 3º e 4º cando se especialicen no grao de elección. Segundo a vicerreitora de Organización Académica e Titulacións, Ana Tarrío, esta transformación favorecerá unha formación plurilingüe e a obtención de varios títulos de grao.

Sociedade