ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Aposta pola inclusión na Universidade. No Campus Industrial de Ferrol detectaron que o alumnado de secundaria con dis-capacidade cognitiva non participaba nas visitas para coñecer a Universidade e decidiron actuar. Puxeron en marcha o proxecto Ruta Universal polo Campus Industrial de Ferrol co-financiado pola Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología informaron en Radio Fene.
Lucía Toval, Nuria Silván, Ainhoa López, Lucía Varela e Bruno Rivero son estudantes dos últimos cursos do grao en Enxeñaría de Deseño Industrial e Desenvolvemento do Produto na Escola Universitaria de Deseño Industrial. Os cinco implicáronse no proxecto que lidera a profesora Ana Ares.
“Parecíanos unha obriga facela accesible a todas as persoas, ocorréusenos a idea de involucrar ao alumnado, contactamos con entidades que traballan con persoas con dis-capacidade e estamos a desenvolver o proxecto”, indica a profesora Ana Ares.
“Entender como adaptar calquera deseño a estas persoas”, aprendeu Lucía Toval con este traballo. “É algo moi importante para a nosa carreira, dedicámonos a deseñar e o deseño ten que chegar a todo tipo de usuarios”, explica.
Clases inclusivas
A profesora Ana Ares, que tamén é vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social, destacou que na USC hai dous programas para achegar formación universitaria a persoas con necesidades especiais. Calquera estudante que pase as probas da EBAU recibe axuda da Unidade de Atención á Diversidade para obter as adaptacións necesarias para cursar as asignaturas co resto dos compañeiros. “Tamén temos un programa do que estamos moi orgullosos, que depende da miña Vicerreitoría, que é Espazo Compartido para persoas con dis-capacidade cognitiva que non serían quen de pasar a EBAU pero teñen a inquietude de recibir formación universitaria, son clases inclusivas e impártese na Escola de Camiños na Coruña”, sinalou Ana Ares.
Publica o teu comentario agora