ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Cinco mil persoas participaron en Ferrol na concentración en solidaridade coas vitimas do incendio de Recimil. Reclamaron a dimisión do alcalde Rey Varela. Coreouse o lema “Todos somos Polo” en alusión ao bombeiro ingresado no CHUAC. O suceso acabou cun falecido de 19 anos, unha moza de 24 e o seu fillo de 3 feridos graves e un bombeiro coa perna amputada.

O portavoz dos bombeiros Julián Vizoso indicou que “catro bombeiros non son sete que son os mínimos de garda, e ao final eran tres porque un se dquedou na central de comunicacións, ao final eran dous porque un conducia o camión bomba, ao final era un porque o outro conducía o camión autoescaleira”. Indicou que unha cidade de 67.000 habitantes tiña un só bombeiro para o incendio, hai meses que denunciamos a precariedade”. Calificou o protocolo de actuación, de inmoral, raquítico e irreal.
Publica o teu comentario agora