ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Tanto o editor Miguel Anxo Fernán-Velho como o crítico literario Mario Regueira, gabaron o libro premiado co Pérez Parallé de poesía 2023, da autoria de Xosé Carlos Carracedo Porto. O acto de presentación do volume celebrouse o pasado sábado en Fene, contando coa intervención do alcalde de Fene Juventino Trigo e da presidenta do Círculo Mercantil e Industrial Paula Romero. No evento tamén se lembrou á escritora Carmen Beceiro Vizoso que localiza en Fene algunha das súas novelas.
A cociña é o fío condutor do libro premiado, “Utensilios de cociña e algúns obxectos calidoscópicos”. Carracedo lémbrase da súa avoa facendo filloas e el collendo a masa dos freixós para elaborar debuxos, figuras e palabras. Ao remate do acto, Iria Estevez ofreceu o espectáculo "Fios de fado".
Fotografía Xan Xe
Publica o teu comentario agora