ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
“Aparece en situacións de conflito. Axúdanos a adaptarnos ás circunstancias e cumpre unha función”. Falamos da ira no espazo Vilanova de Radio Fene co psicólogo José Barcia.
Ira e violencia non son a mesma cousa, comeza por aclarar o psicólogo. A ira é unha emoción necesaria, “busca superar un obstáculo , como pode ser unha inxustiza, encauzar a realidade para poñela ao noso favor”. Barcia explica que non todos sentimos ira nas mesmas situacións, por exemplo cando sufrimos un accidente de tráfico. “Depende de como percibimos cada un de nós a realidade”. O especialista tamén advertiu do risco que pode vivir sempre enfadado. “As persoas sempre enfadadas acaban tendo problemas prexudiciais para a súa saúde, como poden ser trastornos cardiovasculares”.
Publica o teu comentario agora