A utopía dos conselleiros en bicicleta

A utopía dos conselleiros en bicicleta

05 de Marzo, 2011 - 12:00 h. | Publicada por

Coincidindo co plan de reformas destinadas ao aforro de enerxía presentado polo Goberno central, conmemórase neste 5 de marzo o Día Mundial da Eficiencia Enerxética, data que as administracións aproveitan para concienciar á cidadanía da urxencia de crear unha nova cultura de consumo de enerxía, máis consciente e de menor gasto. Porén, a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) si

O Ministerio de Industria vén de explicar que o cambio de modelo enerxético é perentorio porque España “importa o 75 por cento da súa enerxía”. A dependencia do exterior evidénciase, segundo o ministro Miguel Sebastián, en que cada suba de 10 euros no prezo do barril de cru supón 6.000 millóns de euros máis na factura enerxética. Así as cousas, precísanse novas políticas sustentables, cuxo desenvolvemento pasa, segundo os ecoloxistas pola “co-responsabilización da cidadanía na xestión dos recursos naturais”. Mais antes, alertan, “cómpre que as institucións públicas dean exemplo”. Os plans do Executivo estatal inclúen a promoción do transporte público e a redución do gasto en alumeado nas vilas mediante a renovación das lámpadas, e da calefacción e a iluminación nos edificios públicos. 
No que respecta a Galicia, a Xunta vén de presentar un videoxogo virtual para educar aos menores no aforro enerxético baixo o lema "Se enerxía queres aforrar, pola túa casa debes empezar". ADEGA reclámalle ao Goberno autonómico que se “aplique o conto”, e cita á Cidade da Cultura de Galicia como o “paradigma da ineficiencia”: “Con só 2 dos 6 edificios abertos xa gasta 12.000 euros ao mes en calefacción (de gas), o equivalente a 671 fogares”. A organización ecoloxista pide unha aposta decidida da Xunta pola calefacción solar e que comece polos teitos planos do complexo do Monte Gaiás. 
Sociedade