UU.AA. convoca aos gandeiros a unha marcha para revalorizar ás explotacións cárnicas o sábado 8 de maio

UU.AA. convoca aos gandeiros a unha marcha para revalorizar ás explotacións cárnicas o sábado 8 de maio

27 de Abril, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

Santiago de Compostela acollerá o sábado 8 de maio unha xornada de protesta gandeira convocada por Unións Agrarias, tal e como anunciaron hoxe en Vilalba o seu secretario de Gandaría e Agricultura Extensiva, José Ramón González e o responsable comarcal da Terra Chá, Julio Guntín. Segundo González esta protesta ten un dobre obxectivo, “pedir unha reorganización do sector cárnico galego e a valorización por parte

A organización agraria pretende chamar a atención do consumidor sobre a difícil situación dos gandeiros que producen carne de vacún en Galicia. Na actualidade, “os ingresos dunha explotación tipo de carne ten nas distintas axudas por parte das Administracións case que un 40% dos seus ingresos, polo que o seu recorte, tanto nas zonas de montaña como nas desfavorecidas supón moitos cartos, case que unha media de entre 800 e 1.500 euros, segundo a súa localización”.

Este situación afectaría a preto de 1.500 explotacións cárnicas que existen na comarca da Terra Chá e dunhas 800 que, aínda que son eminentemente leiteiras, teñen algún tipo de actividade cárnica subvencionada. Estas case que 2.300 explotacións supoñen o 10 % do total galego.

Desde UU.AA. manifestouse a necesidade de que esta situación mude e de que as administracións “poñan en valor as actividades de defensa do medio ambiente que fan as explotacións, porque non se contabiliza a labor de conservación que a gandaría extensiva fai no territorio”.

Para González, “as axudas aos gandeiros galegos é a forma mais barata para a Xunta para poder conservar o territorio, porque o custe mais baixo de manter ben o rural pode saír por uns 90 euros a hectárea, se hai que rozar xa sube a 300 mínimo, e se hai que previr incendios o gasto se dispara ata chegar case que aos 40 millóns de euros en total”. Por elo piden que se manteñan estas axudas para “manter o medio, previr os lumes e engadir un valor paisaxístico e medioambiental”.

Recoñecemento para os gandeiros

Outra das reclamacións da marcha do vindeiro sábado 8 de maio e o recoñecemento de calidade para os gandeiros, de xeito que a carne que eles producen e que se inclúe dentro de Ternera Galega teña un retorno tamén para o gandeiro. “Ternera Galega é unha marca ben diferenciada e cun selo de calidade que se traslada ao consumidor, ao que lle pode chegar a custar case o dobre a carne baixo esta denominación, pero isto non ten un retorno para o gandeiro, que tan só aumenta o prezo en 50 ou 60 céntimos”, di o responsable de Extensiva de UU.AA.

Así, de cara a que estas explotacións poidan manter unha renda digna, desde Unións Agrarias apóstase por modificar o regulamento da IXP Ternera Gallega  de xeito que se identifique o produto final en función da idade e alimentación do animal defendendo un sistema de trazabilidade do lote que estableza a diferenciación entre Ternera Gallega e Ternera Suprema.

Posta en valor do selo Vac.1

Outro dos cabalos de batalla de UU.AA será a posta en marcha do selo VAC.1 para a comercialización de vacún maior. Esta marca que puxera en marcha o departamento de Medio Rural do bipartito, baixo a batuta do nacionalista Alfredo Suárez Canal, xa está desenrolada, aínda que a chegada do popular Smauel Juárez a esta carteira do executivo galego freou a iniciativa.

Vac.1 permitirá incluír dentro dun selo que certifique a calidade da carne galega de toda aquela que non entre dentro dos parámetros de Ternera Gallega e que supón 320.000 animais dos 400.000 que se sacrifican en Galicia ao ano. A través de Vac.1 se revalorizarían as propiedades das reses cunha mellora da súa alimentación nos procesos de cría e engorde, así como a través dunha certificación da súa trazabilidade para incrementar o seu valor engadido.

A mobilización incluirá unha proba de carne ao Espeto

A xornada de protesta comezará contra as 11.30 da mañá nas inmediacións da rúa compostelá Xoán XXIII, de onde partirá a marcha a esa hora. A caravana gandeira rematará diante dos edificios da Xunta en San Caetano. A continuación, contra as 14.00 horas, prepararase unha xornada de degustación de carne de tenreira galega no mercado de Amio.

Desde UU.AA. anunciaron que se porán a disposición dos que queiran acudir autobuses desde as principais localidades chairegas con cabana gandeira cárnica, como son Vilalba, Muras e Abadín, cuxa saída está prevista sobre as 10 da mañá do  mesmo sábado 8 de maio. Para os restantes concellos, haberá un autobús que pasará a recoller aos que se apunten polas distintas prazas das vilas. Para inscribirse haberá que dirixirse ao local desta organización agraria en Vilalba.

Sociedade