ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
"Pola Santa Mariña, a uva pinta na viña". O refrán anuncia o paso da cor verde ao tono bermello, un dos momentos máis máxicos na viña, cincuenta ou sesenta dias antes da vendima. Xa pasou a Santa Mariña -o 18 de xullo- pero en Fene o muralista de Madrid Sfhir está a piques de rematar a súa obra de arte no edificio da rúa da Fraga,64.
Nas próximas horas tamén comezarán o seu traballo Virginia Bersabé e Rubén Paz "Trece trazos". A primeira edición do Perla mural fest rematará o sábado 12 cun festival musical. A unha e media do mediodia o grupo Los Junkos protagonizará unha sesión vermú. Xa pola tarde o artista Carlos Sardiña realizará caricaturas ao público que se achegue polo Círculo de Perlío. O broche final correrá a cargo de Sim Tron ni son, cun concerto de rock xa pola noite.
O evento quere homenaxear á sala Perla de Perlío e nace con vocación de continuidade. Xa contan con autorización de 18 edificios para pintar grandes murais nas súas fachadas.
Fotografía Xan XE
Publica o teu comentario agora