Vémonos nos bares

Vémonos nos bares

11 de Agosto, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O músico ourensán Magín Blanco pechou dese xeito (Vémonos nos bares) o concerto de presentación do disco "Doutor Apertas. Tributo a Magín Blanco" celebrado este mediodia no marco do Felipop en Limodre - Fene (A Coruña). Polo escenario do parque da Hortiña, pasaron The Burgas Beat, Roger de Flor, Nick Garrie e Uxía quen se referiu a Magín como "carpinteiro de músicas" e desvelou que "detrás deste casc

Magín Blanco é un músico galego pouco amigo do éxito masivo pero fiel compañeiro das boas cancións. A súa carreira musical comezou discográficamente nos '80 co grupo La Rosa. Publicaron catro discos que teñen que ser obrigatoriamente contados entre os mellores da música pop rock daquela época. Trala disolución da banda e a gravación de varias maquetas tivemos que esperar dez anos para poder escoitar novas cancións, esta vez baixo o seu propio nome, madurando en letras e investigando en novas melodías. Rodeado de extraordinarios colaboradores, ten publicados catro discos dignos das mellores coleccións,  o mesmo no pop rock que no folk ou a música infantil, sempre cunha calidade fora de calquera dúbida.

Un accidente acaecido no verán do 2011 imposibilitou a Magín para seguir tocando a guitarra. Xurdiu entón a idea de  reivindicar  o seu legado artístico e intentar ampliar no posible o seu recoñecemento.

Todo comezou no blog  “El Corazón de los Pájaros”,  website que  repasa  a carreira artística de Maxín. José Maria Caamaño, o seu creador, o resume deste xeito:

“Tras recibir unha mensaxe de Daniel Alonso  na que me preguntaba se tiña coñecemento dalgún disco tributo a Magín Blanco, xurdiu a idea de por en marcha este proxecto: facer unha páxina no facebook solicitando a colaboración dos artistas para que se animaran a facer versións das cancións de Maxín. Aproveitando a rapidez  e fácil comunicación que ten o facebook esperamos chegar a un número interesante de colaboradores. Trátase dun proxecto sen presa, e polo momento, sen pretensións, pero ao mesmo tempo con moita ilusión por chegar a escoitalas cancións de Magín (Voyeur, La Rosa, Magín Blanco...) en voces doutros artistas, facer unha homenaxe e aportar un gran de area no merecido recoñecemento deste gran artista galego.”

Aos poucos se foron sumando artistas e foron chegando as cancións.

Cultura