ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Logo de traballar para dúas das empresas máis grandes a nivel nacional e internacional, Priscila García decidiu traballar cada día cun sorriso ao fronte de Dama, un comercio que cumpre 36 en Fene. “Nós imos estar sempre aquí iluminando o pobo, cun sorriso, sabendo o nome da xente é iso non o pode aportar outro sistema de comercio”.
“Gústame moito o trato persoal coa xente. É unha forma na que me criaron e aprendín a traballar. Estudei Económicas. Pasei por dúas das máis grandes empresas de España, unha no sector da banca e outra no téxtil pero hai algo que te chama, o feito de facelo ti a túa maneira e como a ti che gusta chegando ao cliente dun xeito máis directo. Eu traballo para que o cliente estea contento”, desvela Priscila García. A propietaria de Dama destaca que a súa intención é que a muller que entre na tenda poida levar o look completo. “Temos calzado, roupa, bixutería, perfumes, maquillaxes. Todo o temos aquí para muller e tamén temos produtos para home. Veñen dende nenas de quince anos que non queren ser unha máis no Instituto ata persoas maiores ás que lles gusta ir divertidas. A franxa de idade xa non é coma antes que determinaba o que che tiñas que poñer ou o que non. Agora, calquera persoa pode levar cores e tecidos diferentes a prezos asumibles”. Precisamente, chea de cor ven esta primavera, tal e como podemos apreciar se entramos en Dama. “Vén alegría e cor con estampados moi atrevidos e no verán o rei é o vestido”. Cada semana chegan novidades a este establecemento situado na Avenida Marqués de Figueroa. En Dama, non falta de nada.
Na imaxe, Priscila García, propietaria de Dama.
Fotografía: Xarda.
Publica o teu comentario agora