ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
“Cómpre abandonarmos o petróleo antes de que el nos abandone a nós”. É unha senteza pronunciada polo economista xefe da Axencia Internacional da Enerxía e da que se serve a Asociación Véspera de Nada por unha Galiza sen Petróleo para alertar do problema do “peak oil”. Trátase dunha figurada cimeira na produción do chamado ouro negro que xa declina e que pode levar ao colapso o modo de vida actual se non se act&uacu
Véspera de Nada leva máis de dous anos preparando esta publicación que quere axudar á sociedade galega a comezar esa imprescindible e profunda transformación no noso modo de vida que nos permita prosperar despois do petróleo. Segundo os seus promotores, o libro achega unha completa explicación da gravísima situación á que nos expón a fin da Era do petróleo e pon nas mans dos galegos e galegas consellos aplicables en todos os terreos da vida particular, familiar e comunitaria, e tamén para as empresas e administracións locais. A aplicación desas recomendacións permitirá evitar as peores consecuencias do devalo enerxético que xa está en marcha.
A “Guía para o descenso enerxético” precisa completar un orzamento de 4.250 euros para sufragar a realización e distribución do volume. Para colaborar e facerse cun exemplar é posible achegar dende tan só 5 euros a través da plataforma Verkami. Toda a información arredor da obra e do "peak oil" pódese consultar na web http://galiza.pospetroleo.com/