Víbora e Porcona pregoarán o Antroido 2010 en Negreira

Víbora e Porcona pregoarán o Antroido 2010 en Negreira

25 de Xaneiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Negreira

A parella artística do programa de humor da televisión galega «Air Galicia» Víbora e Porcona pregoarán o Entroido 2010 en Negreira o sábado 13 de febreiro. As dúas señoronas analisan a actualidade dunha maneira moi especial e de seguro provocarán as gargalladas entre as xentes que acudan a partiricpar no Carnaval.

Este dueto humorístico formano a santiaguesa Patricia Vázquez García «Porcona», dedicada ó teatro profesional, sendo unha grande coñecida de series de ficción da TVG como: Mareas Vivas, Pratos Combinados, e na actualidad eco seu papel de Lidia na serie Padre Casares.

E doutro lado temos a un estradense chamado José Manuel Rodríguez Puente «Vívora», máis coñecido artísticamente por «Isi», quen saltou á fama tras gañar o concurso televisivo «O Rei da comedia», sendo un habitual de espazos de humor, series e programas de variedades da Galega (Acompañenos, Luar, etc…).

Máis variedade

O venres 12 pola noite, haberá un concurso de disfraces individual e por parellas coa actuación do grupo musical Tekila. Premios: 200, 100 e 50 euros.

O sábado 13, despois do desfile que rematará á altura da praza do Concello (rúa da Cachurra), gran baile amenizado polo grupo Triunfo, e posterior fallo do xurado e entrega de premios do concurso de carrozas e comparsas.

O domingo 14, pola tarde no restaurante Tamara, baile de disfraces dos maiores de Negreira e comarca. O primeiro premio consistirá nun fin de semana nun Parador de Galicia.

O luns 15, pola tarde no novo auditorio do Centro Sociocultural da vila, concurso e baile de disfraces infantil.

Cultura