Víctor Zambrana e Carolina Fernández protagonizan a primeira experiencia de Artistas En Residencia, en Ferrol

Víctor Zambrana e Carolina Fernández protagonizan a primeira experiencia de Artistas En Residencia, en Ferrol

29 de Setembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Centro Cultural Torrente Ballester acolle mañá unha sesión aberta de Artistas en Residencia, un programa da Axencia Galega das Industrias Culturais, xestionado polo Centro Coreográfico Galego e o Centro Dramático Galego. A iniciativa pretende servir de plataforma de apoio a artistas ou colectivos artísticos que desexen desenvolver un proxecto de creación ou investigación nos ámbitos do teatro, a danza, o circo ou outras artes do movem

Carolina Fernández presentará na cidade naval “Arquitecturas Interiores”, un collage de creacións visuais nun espazo escénico conceptual onde a bailarina/performer trata de escribir co seu corpo, voz e movemento un discurso íntimo en confrontación cunha realidade exterior. A obra articúlase ao redor de temas como a desestructuración do pensamento da cidade ou a busca dunha nova metodoloxía de habitar os espazos e de estar no mundo. O punto de partida deste traballo son tres videocreacións e unha instalación.

Xunto a Fernández, participan no proxecto como artistas colaboradores a realizadora galega Gael Herrera, o escritor e poeta galego Alfonso Pexegueiro e o músico e compositor Xavier Alberti.

Pola súa banda, Víctor Zambrana presentará “3”, unha proposta na que traballa o corpo en relación á luz, o espazo e o son, "reflexionando sobre o concepto de representación como idea ou imaxe da realidade". Nesta creación, os artistas xogan co 3 "como elemento de composición e buscan unha nova concepción do corpo como vehículo intuitivo de comunicación".

Os tres integrantes deste proxecto -Joaquín Jara e Ilia Mayer, xunto con Zambrana- traballan cunha idea distinta do corpo. Jara co corpo pictórico, Mayer co sónico e Zambrana co escénico.

Sociedade