Vínculo emocional co entorno

Vínculo emocional co entorno
11 de Outubro, 2022 - 12:10 h. | Publicada por Radio Oleiros

Galicia conta con oito Monumentos Naturais, entre eles, a Costa de Dexo en Oleiros. Nela atopamos a Aula do Mar, un importante centro de interpretación do que hoxe nos fala Irene Baspino, bióloga e técnica de atención, en Onda ODS.

ESCOITA O PODCAST:

A flora e a fauna da zona están representadas na Aula do Mar, situada na antiga casa do fareiro. Este fogar cheo de historias acolle hoxe aos visitantes en forma de Centro de Interpretación permitindo un achegamento sensorial ás peculiaridades deste entorno. Os diferentes módulos expositivos céntranse nos valores naturais sen esquecer a importancia das sinais marítimas para una ría con tanto tráfico e a tradición pesqueira deste lugar, cunha exposición permanente que reproduce unha batea. A través dunha viaxe polo tempo aumentamos o vínculo emocional cun entorno que debemos protexer.



.Na imaxe, Irene Baspino (bióloga e técnica de atención da Aula do Mar) durante a entrevista con Susana Falcón (Radiofusión)

Sociedade

Publica o teu comentario agora