V edición do Proxecto Inicia

V edición do Proxecto Inicia
11 de Agosto, 2020 - 02:01 h. | Publicada por Radio Fene

Os concellos de Fene, Ares, Mugardos, Neda e Cabanas levarán a cabo a quinta edición do proxecto formativo e de inserción laboral Inicia a partir do 15 de setembro. Está dirixido á mocidade desempregada que queira mellorar as súas competencias de cara á súa integración no mercado laboral.

Proxecto Inicia

O proxecto está subvencionado pola Xunta e pola Unión Europea. A través deste proxecto ofértanse 16 contratos de aprendizaxe para mozas e mozos inscritos no programa de Garantía Xuvenil: 7 para Fene, 3 Ares, 3 Mugardos, 2 Neda e 1 Cabanas. Tamén outras catro temporais para a docencia teórica e práctica do obradoiro.

O proceso selectivo comezou estes días coa solicitude ao Servizo Público de Emprego dun listado de aspirantes que cumpren os requisitos da convocatoria. Pode consultarse na web fene.gal.

Os concellos participantes xa están contactando coas persoas preseleccionadas par que acheguen antes das 23.59h do 19 de agosto a súa solicitude formal para participar nas probas xunto coa documentación acreditativa dos méritos que se han valorar.

O trámite debe facerse no Rexistro Municipal de Fene -con cita previa -, a través da Sede Electrónica ou por calquera das vías previstas na Lei de Procedemento Administrativo Común.

Unha vez recibidas todas as solicitudes publicarase o listado provisional de persoas admitidas e excluídas.

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora