A V Feira de Artesanía e Antigüidades da Pontenova reunirá a 60 expositores

A V Feira de Artesanía e Antigüidades da Pontenova reunirá a 60 expositores

04 de Decembro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

A quinta edición da Feira de Artesanía e Antigüidades da Pontenova celébrase entre os días 9 e 11 de decembro grazas á colaboración entre Concello e a Deputación Provincial de Lugo. Uns 60 expositores de Galicia, Asturias, Castela León, Cataluña e Andalucía participarán no evento, que terá lugar baixo unha carpa na Praza dos Fornos e na Casa da Cultura. A feira organízase por primeira vez nestas datas, despois

A pesares da xuventude desta cita festiva, xa figura no calendario de interesados nos produtos do sector e tamén de profesionais do mesmo. Preto de 30 artesáns, procedentes de toda Galicia, 8 dos cales son de Lugo, Asturias e Salamanca, presentarán as súas creacións de cestaría, olería, carpintería, téxtil, xoiería, coiro, vidro, etc. Algún destes artesáns farán demostracións en vivo da súa habilidade no tear, na escultura en madeira, na forxa e na confección de bonecas de trapo. Todos os que desexen tomar nota das súas habilidades poderán achegarse ata os stands habilitados polo Concello dentro das instalacións da Casa da Cultura. Tamén haberá un oco para os expositores adicados a produtos gastronómicos representativos, como queixos asturianos, embutidos salmantinos ou pan da Pontenova.

Pola súa banda, outros tantos profesionais das antigüidades, procedentes de diferentes puntos de Galicia, Andalucía, Cataluña, Castela e Asturias, dos que preto do 30% son lucenses, ocuparán os expositores situados nunha carpa instalada na Praza dos Fornos. Boa mostra do éxito desta Feira é que máis de 10 profesionais, entre artesáns e anticuarios, interesados en participar nesta cita, terán que agardar a vindeiras edicións, xa que un ano máis as instalacións existentes non poden acoller máis participantes.

Cultura