Vacacións en paz en As Pontes

Vacacións en paz en As Pontes

06 de Xullo, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Eume

O concello de As Pontes recibiu esta mañán aos nenos e nenas saharauis que pasarán as vacacións nesta localidade. O edil de Servizos Sociais, José Alén, presidiu hoxe a recepción oficial aos seis nenos e nenas saharauis que pasarán o verán en As Pontes ao abeiro do programa Vacacións en Paz. O salón de plenos foi o escenario escollido para albergar este acto no que tamén participaron as familias pontesas de acollida que,

José Alén recalcou o gran papel solidario destas familias pontesas que, malia a estar nunha situación de crise económica, non dubidaron en volver ter nos seus fogares a estes nenos e nenas e subliñou que sen estas familias Vacacións en Paz non sería posible.

Asemade, o edil  adiantou que un ano máis o concello non escatimará en esforzos para continuar a respaldar este programa, de feito, xa en 2011 ata As Pontes se desprazaron seis nenos-as ao abeiro desta iniciativa solidaria, situación que non se deu en moitos concellos que tiveron que rebaixar o seu respaldo económico a este programa solidario.

Pequenos coma Monina, Sidi ou Naitu estarán en As Pontes ata o mes de setembro e gozarán, como ven sendo habitual, non só dunha boa e completa atención sanitaria, senón tamén dos servizos municipais coma a piscina, ao que se sumarán xornadas de convivencia cos nenos e nenas que participan nos Campamentos Urbanos de Verán.

O acto pechouse coa lectura dunha carta dunha nai saharaui, na que se recolle o seu agradecemento ante a solidariedade e entrega das familias de acollida, e co reparto de agasallos xa que o executivo local entregou a cada pequeno unha mochila con material escolar.

Sociedade