ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Hai duas vacas cachenas, catro eguas do país, unha ducia de ovellas con carneiro e años, unha parella de ocas, dous porcos celtas e varias galiñas piñeiras e pitas de Mos. Os cabalos, coellos e unha cadela de palleiro completan a cabana gandeira de Aldea Nova. En Sedes (Narón A Coruña) ubícase este parque temático integral de desenvolvemento rural. Conta cun albergue, cociña, comedor e unha casa antiga que fai as veces de museo etnográfic
As colonias de Nadal permiten aos escolares coidar dos animais e cultivar unha hora en vacacións. O programa deseñouse para nenos e nenas de entre 4 e 12 anos. O horario prolóngase de 8,00 a 17,30 horas, e a actividade inclúe un almorzo a media mañá, o xantar e a merenda. A actividade dun dia custa 20 euros e unha semana 90 €. O programa continuará ata o 10 de xaneiro. Facilitan máis información no teléfono 981 173691.