Vacacións no Ramo

O Barallobre precisa ampliar o plantel con vistas ao ano que ven.
27 de Maio, 2019 - 11:25 h. | Publicada por Radio Fene

O Barallobre marcha de vacacións despois de caer na copa fronte ao Miño por 1-3.

ESCOITA O PODCAST:

O Barallobre marcha de vacacións. Acabou o seu concurso na Copa da Ría despois da derrota fronte ao Miño por 1-3. Un encontro moi disputado no que o Miño foi sempre por diante. Segundo o técnico do Barallobre, o Miño chegou cunha marcha máis peroaínda así a primeira parte foi moi igualada. Na segunda expulsaron a Brais e os de Fene quedaron cun xogador menos e aínda así lograron o empate. A falta de media hora para o remate, o Miño adiántase no marcador e na última xogada logrou o definitivo 1-3.

Oscar Varela seguirá á fronte do equipo se a dirección do club así o decide. El quere quedar un ano máis. O equipo está moi xustiño e precisarán ampliar o plantel na próxima tempada.  O club vai celebrar o final da tempada que se xa facía longa e que dan por rematada. Chegaron as merecidas vacacións ao Ramo. (Na imaxe, Da Silva, Oscar Pereiro e Paolo).

Deportes

Publica o teu comentario agora