Vacacións para xogar

Vacacións para xogar
17 de Abril, 2025 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

En tempo de vacacións para a maioría o sector do ocio ten máis traballo. Por iso, a tenda Cáprica non pecha durante a Semana Santa. Abren todos os días e teñen previstas actividades para pasar un bo rato. A cambio tomarán libre o vindeiro luns, día 21. Anunciouno en Radio Fene Juanma Sánchez.

ESCOITA O PODCAST:

Para entreter á cativada nestes días de vacacións nos que o tempo non acompaña a saír, desde Cáprica propoñen distintos xogos.Trátase da adaptación infantil de dous xogos coñecidos que sacou a editorial SD. “Smart 10”, é un xogo tipo trivial. “Micro Macro Kids” consta dun gran mapa en branco e negro abarrotado de personaxes no que nos mandan localizar un deles e despois ir resolvendo un caso.

Sociedade

Publica o teu comentario agora