Vai adiante o centro deportivo da Praza de españa

Vai adiante o centro deportivo da Praza de españa

11 de Marzo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Partido Socialista, que goberna en minoría e solitario en Ferrol con nove edís, obtivo hoxe o apoio dos seus ex socios de Esquerda Unida (EU-IU), para aprobar o anteproxecto dun centro deportivo no subsolo da Praza de España, na terceira ocasión na que a iniciativa se debateu en pleno municipal. Os outros grupos, PP, IF e BNG abstivéronse.

O incremento do canon que a empresa concesionaria terá que aboar para facerse cargo do proxecto e a súa actualización anual, e compromisos como as garantías de que será un centro deportivo -con ximnasio, piscina e spa-, aberto aos cidadáns e con condicións de traballo estables, foron algúns dos acordos que levaron ao grupo de IU liderado por Yolanda Díaz, con catro edís, a avalar o proxecto que rexeitara con anterioridade.  

 O concelleiro de Urbanismo, Ángel Mato, agradecía a postura dos grupos da oposición e, especialmente de IU, que votou a favor da proposta do goberno local porque permitirá dar resposta a un clamor cidadá de primeiro orde. “A cidadanía nos pide que, tras oito anos, demos unha solución a este espazo clave, que eliminemos os atrancos que pon o seu estado ao desenvolvemento urbanístico e económico do noso centro histórico”, apuntaba Ángel Mato minutos antes da votación.  No pleno desta mañán tomou posesión do seu cargo o novo concelleiro de EU, Alberto Arbete, en sustitución do dimitido, Miguel Reimundez, concelleiro de obras durante o periodo da coalición.

Sociedade