Vai de morto, o que non foi de vivo

Vai de morto, o que non foi de vivo

12 de Setembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Unha estancia de duas noites en hoteis de Ferrol con ceas especiais en restaurantes do localidade. E un dos paquetes turísticos deseñados ao fio do acordo entre o Plan de Dinamización Turístico e a empresa Viaxes Paco. San Andrés de Teixido, o seu santuario e os seus cantís, é un dos recursos a explotar.

A iniciativa explícase en detalle na páxina web Tempo de Lecer. A xerente de Viaxes Paco, Elena Anca abondou nun dos paquetes ofrecidos, cun importe de 98 euros por persoa. Trátase dun aloxamento de 2 noites con ceas en restaurantes da localidade. Viaxes Paco deseñou unha serie de paquetes que se comercializarán fora da comarca. O proxecto busca atraer visitantes máis alá das épocas do verán e de Semana Santa.

Sociedade