Vai estar arriba

Vai estar arriba
22 de Setembro, 2023 - 12:01 h. | Publicada por Radio Fene

Volve a competición no fútbol feminino. Esta fin de semana bota rodar o balón na Terceira División Galicia. Arranca a temporada diante da súa afección o Perlío. Nos Pinares, Perlío-Val B. Domingo, 12 horas. Falamos de como se presenta a nova temporada co adestrador, Carlos Carballo, Vinky, e coas xogadoras Sabela López e Antía Fernández.

ESCOITA O PODCAST:

“O Perlío vai estar arriba”, apunta contundente o adestrador. “Esta semana empeza a Liga, penso que imos bastante ben rodadas, pero agora empeza o verdadeiro”, avisa. “Sempre lles digo que o primeiro é divertirse, estamos aquí porque nos gusta, despois aprender e despois competir, non significa gañar, significa saír a dalo todo. Que cando acabe a temporada as xogadoras sexan mellores que cando empezaron”.

“Creo que sempre é importante que se lle dea visibilidade ao fútbol feminino”, opina Sabela sobre a vitoria da selección no Mundial de fútbol. “Creo que si será inspirador, o fútbol feminino está máis de moda”, engade Antía. “As portas sempre están abertas” no Perlío, indica o técnico, desexoso de que “nos respecten as lesións, nun amistoso, o primeiro día, xa se mancaron dúas”. O número de efectivos é sempre un problema “o ano pasado acabamos moi xustiñas”. “Para esta temporada “tivemos un par de fichaxes, Sabela e Carla, que coñecían o equipo e aclopáronse ben, agora temos dúas máis probando”, explica. “É un grupo comprometido”, conclúe. 

 

Deportes

Publica o teu comentario agora