Vai para arriba

Vai para arriba
04 de Maio, 2022 - 09:58 h. | Publicada por Radio Fene

Sillobre vai para arriba pero con menos poboación. O presidente da Sociedade Agarimo Luis Fraga (recén elixido o pasado mes de marzo) fixo un chamamento á cidadanía de toda a comarca para que se achegue o sábado pola tarde a Sillobre. Vaino pasar ben no Encontro de Lavandeiras. 

ESCOITA O PODCAST:
Luis Fraga e Eva Fraga, directivos da Sociedade Agarimo

O Encontro de Lavandeiras sairá o sábado ás catro da tarde do peirao de Perlío. Chegaráse a Sillobre arredor da seis da tarde cando comezarán diferentes obradoiros e a recreación do traballo das lavandeiras. Explicou como se vai facer a directiva de Agarimo Eva Fraga. As oito comezarán a servirse bocatas de liscos. 305 persoas compoñen na actualidade a sociedade Agarimo de Sillobre. A xunta directiva presidida por Luis Fraga traballa xa en novas actividades máis alá do Encontro de Lavandeiras.

Sociedade

Publica o teu comentario agora