ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O rico tecido asociativo de Fene incorpora unha nova entidade. Valemos +. Unha asociación Pro Adolescencia e Xuventude que impulsan catro mulleres, Ana López, Belén Vilar, Carmen Vilariño e Mar Basoa. Comprometidas nun proxecto pioneiro que “pretende ser o faro que axude a mozos e adolescentes a través de procesos de mentoring”.
Naceu en Fene pero o seu ámbito de actuación vai máis aló, “queremos chegar a toda a provincia” anunciou a presidenta da recen constituída asociación, Ana López nunha entrevista en Radio Fene. A pandemia agravou a situación da mocidade e adolescencia. “Os problemas son os mesmos, pero cada vez os ten máis xente, depresión, fracaso escolar, soidade, aumentou moito a raíz de 2020”, afirma Ana. “Temos que escoitalos, poñernos na súa pel, que vexan que non están sos”, opina Belén Vilar. “Non se lles escoita como se lles ten que escoitar e por iso non falan”, engade Mar Basoa. Entre os proxectos da asociación, Carmen Vilariño explica que traballan na idea de facer velada con musica e na que poidan falar, porque “os rapaces de hoxe non falan, andan moi perdidos e están moi solos”, apunta.
Publica o teu comentario agora