Valen o seu peso en bronce

Valen o seu peso en bronce

12 de Setembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O paseo marítimo Bieito Cupeiro de Barallobre (Fene A Coruña) carece de placas conmemorativas. Nas inmediacións do pavillón polideportivo A Xunqueira sí se manteñen a lembranza do escritor ferrolán Gonzalo Torrente Ballester e máis un texto rememorando a construcción do paseo da zona. Os ladróns de placas de bronce actuan en toda a comarca.

Ao paseo marítimo Bieito Cupeiro entre Barallobre e Maniños deixáronno sen nome xa hai tempo. Duas placas honraban no lugar ao escritor natural de Barallobre, que recibiu a súa homenaxe, en xaneiro de 1995, hai agora 15 anos. Todos os que fomos alumnos del temos unha imaxe concreta de Fene, Perlío, Maniños e Barallobre, afirmaba daquela o profesor da Universidade de Belgrano en Arxentina Adolfo Lozano.

O Concello de Fene decidiu darlle o nome de Paseo Marítimo Bieito Cupeiro ao traxecto que separa os peiraos de Barallobre e Maniños. Trataba de honrar a memoria de Cupeiro, nacido en Barallobre en 1914, activista cultural na emigración en Arxentina, e escritor, autor dos libros “Xornes” e “A Galicia de Alén Mar”.

Os delincuentes non só actuan en Fene. Tamén se levaron no ano 2007 unha áncora de máis de 300 quilos de peso que decoraba o exterior da Escola Nautico Pesqueira de Serantes en Ferrol. Máis recentemente sustraeron tamén o busto de Camilo Díaz Baliño do Cantón de Molíns de Ferrol e o do doutor Villanueva nos xardíns de Lombardero de Pontedeume. A policia cre que os ladróns proceden á fundición das pezas para non deixar rastro, dado que non ten aparecido ningunha das numerosas placas ou bustos sustraidos na comarca. Poderíase dicir que valen o seu peso en bronce.

Sociedade