ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Querida Ingrid, tes razón.
Acepto o teu rabioso ultimato.
Nunca máis quererás saber nada de min se non che contesto de inmediato e explícoche, con todo detalle, os motivos que me levaron a terche sen noticias durante tanto tempo.
Xa ves que che escribo deseguido.
A túa carta chegoume antonte e empezo por dicirche que me perdoes.
Un ano, seino, é un intervalo demasiado longo para ampararse no dereito de asilo do silencio cando ti non me deches motivo algún. Todo o contrario. Con todo, e creme, por favor, a miúdo relín as túas cartas e moitas veces contesteiche mentalmente desde os lugares máis impensados.
A intres, coa esperanza de que pese aos miles de quilómetros que nos separan, ti, que tan ben me coñeces, désesche conta de que o meu monólogo obsesivo e case sempre redundante, dirixíase a ti en exclusiva para darche fe de vida e especialmente, fe de agarimo.
Así empeza a súa carta Ángela,a protagonista de Cuestión de amor propio de Carme Riera. Nada en Palma de Mallorca,Carme Riera é catedrática de literatura española e escritora.
Deuse a coñecer en 1975 coa publicación do libro "Te deix amor el mar com a penyora", considerado un best seller da literatura catalá e converténdose en toda unha institución da cultura mallorquina, catalá e española.
Cunha produción de máis de 40 títulos publicados en narrativa e ensaio. Un número case igual de galardóns, entre os últimos, o Premio Nacional das Letras Españolas e unha incansable actividade académica e como xestora cultural, parecería que o concepto muller de letras tiña sido para ela. Riera foi elixida membro da Real Academia en 2012, converténdose na oitava muller da historia en formar parte da Academia.
En Cuestión de amor propio, Carme Riera preséntanos a Ángela, unha madura novelista que escribe á súa amiga Ingrid tras un ano de silencio. Nesta carta, Ángela contaralle á súa amiga a historia de amor que lle absorbeu durante ese ano, unha triste aventura na que a protagonista apostara todo, confundindo na proxección dese home, tamén escritor, aquilo que ela esperaba de si mesma. Un discurso contraditorio no que a vulnerabilidade e a necesidade de Ángela quedan ao descuberto e no que o amor propio resolve finalmente calquera outra cousa que puido, nalgún momento, parecerse ao amor.
Publica o teu comentario agora