ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Satisfacción no Maniños feminino pola vitoria do domingo no Pote. Gañou 4-2 a Os Miudos, equipo de Muros. “Non son so os tres puntos, o equipo está competindo ben e a avaliación é moi positiva”, declarou o adestrador, Juanjo Iñiguez, Cebolo, en Radio Fene onde estivo acompañado pola xogadora Cristina Silvar.
“O que máis me gustou foron os goles, pendinlles antes do partido máis compromiso e alégrame que sen marcar Lore gañaramos 4-2”, manifestou o técnico. Tantos de Lucía, Paula e Tensi, que marcou dous, desta vez non foi necesaria a intervención de Lorena nin de Cris que non puido xogar por un problema nunha perna. “Tocoume velo desde a bancada, sófrese máis e vese doutra maneira”, asegura. “Creo que foi un bo partido, dominamos toda a primeira parte, aínda que houbo un pouco de nervios cre que xogamos ben”, opina a veterana xogadora.
Publica o teu comentario agora