ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Exposición de Carme Romero e Luisa da Silva en San Sadurniño. Cerca dunha vintena de pezas moi meditadas que se foron xestando durante os últimos tres anos, grazas á colaboración entre a cesteira e a ceramista. Figuras que traen ao presente a tradición cunha proposta moi vangardista, de par que feminista.

Á apertura asistiron amizades das creadoras, xente da cultura, veciñanza e membros do Concello. O alcalde, Secundino Garcia Casal, agradeceulles a Da Silva e Romero que elixisen San Sadurniño como primeira parada desta exposición que circulará nos próximos meses por outros puntos da comarca. Garcia Casal tamén falou das boas condicións que ofrece a galería municipal para acoller actividades culturais e exposicións, ademais de destacar a súa función democratizadora das artes plásticas As autoras,trasladaron a súa gratitude ao Concello por terlles facilitado un lugar tan acaído para exhibir a colección. Tamén comentaron como enfrontaron o proceso creativo e as dificultades técnicas que atoparon para combinar cerámica e fibras vexetais nunha mesma obra. A inauguración rematou cun delicado recital de voz e guitarra de Iria e Candela Quintía Romero.
Fotografía César Galdo
Publica o teu comentario agora