Vantaxe para o Xuventude de Cabanas

Vantaxe para o Xuventude de Cabanas
01 de Xuño, 2026 - 10:39 h. | Publicada por Radio Fene

Un gol de Veiga no minuto 7 desequilibrou o encontro. Xuventude de Cabanas 1 - Maniños B 0. Primeiro partido do play off de ascenso á Segunda Futgal. “Na segunda metade dominamos pero non logramos materializar algunha das ocasións de gol” reflexiona o adestrador do Maniños B Alvaro Dopico Chiqui. Esta semana prepararán o partido de volta coa intención de sair concentrados desde o primeiro momento. O encontro xogaráse o domingo no campo do Pote pero ainda non se fixou a hora.

ESCOITA O PODCAST:

Preme aquí para escoitar a conversa co adestrador do Maniños B Álvaro Dopico "Chiqui":

https://redefusion-eu.us.stackstaging.com/audio/010626DOPICO.mp3

Fotografía Xan Xe

No primeiro partido da outra eliminatoria venceu o Canido 0-5 a domicilio ao Estrela A Solaina. A final xogaráse a fin de semana do 13 e 14 de xuño no campo municipal de Neda a partido único. 

 

Fotografía Xan Xe

Deportes

Publica o teu comentario agora