Vascos e galegos medirán forzas nunha regueifa musical en Salceda de Caselas

Vascos e galegos medirán forzas nunha regueifa musical en Salceda de Caselas

08 de Maio, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

A Asociación Cultural Treze Catorze de Salceda de Caselas celebra mañá sábado a II Festa Trezecatorceadora. Un evento que comezará ás doce do mediodía cunha sesión vermú a cargo do Mago Pablo e cun polbeiro para saciar o apetito. Pola tarde sucederanse diferentes actividades como unha mostra de artesanía, obradoiros de percusión e xogos p

“Se podes soñalo, podes facelo”, así se chama o espectáculo de titirimaxia co que o Mago Pablo inaugurará a II Festa Trezecatorzeadora. Pola tarde ao obradoiro de percusión sumaranse xogos populares como os trompos, a chave e a pincha tradicional. Igualmente, realizarase unha intervención de “land-art”, é dicir, arte e natureza. Non faltarán novamente os espectáculos de clown como o circo con seseo de As Sircópatas.

Cultura