ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Dixéronno claro en Fene. Só o nacionalismo galego está interesado e traballa activamente para salvar o sector naval. Foi no acto do BNG protagonizado pola candidata ao Parlemento Europeu, Helena Veiguela, e o portavoz no Parlamento Galego, Carlos Aymerich. Presentounos Edgar Vigo, membro do colectivo Rumbo 21 na defensa do estaleiro de Fene. O BNG parte de que o naval é un sector estratéxico para Galicia mentras que para o Estado non o é, e
Helena Veiguela, que fora directora xeral de promoción industrial co anterior conselleiro, Fernando Blanco, reiterou o compromiso do BNG cos nosos sectores productivos, e prometeu traballar por levantar o irracional veto que pesa sobre Astano de cara a que poida retornar a construcción naval de toda caste.
Con datos na man explicou que o naval para Galicia supón o dobre do PIB que para o Estado; o triple en emprego e está situado moi por riba no ranking empresarial. E dixo tamén que para a comarca de Ferrolterra o naval é un “oficio que se domina”, hai unha cultura do naval e iso debe evolucionar, nunca perderse porque partese da profesionalización; de productos de gran calidade; e de coñecemento do mercado. Iso non pode perderse, así como así.
Carlos Aymerich defendeu en Fene unha Europa dos Pobos frente a unha Europa dos Estados. Afirmou que non temos un Estado que nos defenda en Bruxelas. Precisamente, para Aymerich, o unico Parlamento onde Galiza pode estar representada directamente é no Parlamento Europeo e manifestouse confiado en que o 7 de Xuño Galiza terá voz en Bruxelas, a da candidata Ana Miranda. O BNG celebrará o seguinte acto electoral na cidade de Ferrol, o xoves 28 às 20:30 horas no teatro Jofre, coa candidata Ana Miranda e Guillerme Vázquez.