Vellas demandas

Vellas demandas
23 de Novembro, 2023 - 06:33 h. | Publicada por Radio Fene

A Deputación ten vellas demandas que cumprir con Fene, sostén o voceiro do Partido Popular na localidade, Gumersindo Galego. “Lembreilles que no último mandato as estradas Fene, Ares e Mugardos foron as últimas en presuposto de toda a provincia”, indicou sobre a reunión que mantivo a Corporación coas responsables provinciais de Vías e Obras, Mónica Rodríguez, e de Plans Provinciais e Asistencia a Municipios, Cristina García.

ESCOITA O PODCAST:
Fotografia Xan Xe

“Desde que se fixeron as beiravías da Armada hai vinte anos non se volveu facer nada, leva pedíndose toda a vida e non se fixo nada. O mesmo que as cunetas na estradas de Magalofes”. No espazo as Foxas o voceiro do grupo popular referiuse tamén ás recorrentes inundacións que sofre Fene. “Un tema de moi difícil solución. No seu día fixéronse cousas que hoxe non se permitirían. O soterramento do río diante das "casas verdes" non favoreceu e coa marea chea a solución non é fácil”, opina Gumersindo Galego. En relación coa conmemoración do 25N, o Día contra a violencia sobre as mulleres, destacou que “a educación e a base” e considerou que a declaración institucional aprobada polo Concello ten un pero. ”Faltoume unha referencia á controvertida lei do solo si e si”, sinala. 

 

Fotografía Xan Xe

 

Institucional

Publica o teu comentario agora