As vellas imaxes do Antroido en Maniños

As vellas imaxes do Antroido en Maniños

28 de Febreiro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Máis de 50 fotografias antigas da celebración do Carnaval en Maniños (Fene) amósanse no local da Asociación Etnográfica e da Natureza Amigos do Rio Ba. Os membros da entidade recopilaron pola parroquia imaxes desta festa tradicional. A exposición inaugurouse na tarde de onte cunha charla da xornalista María Xesús Arias sobre a historia do Antroido de Fene.

Ademáis da exposición, os máis de 30 asistentes degustaron tamén postres e pratos típicos do Antroido.

Cultura