Vellas novas e os delitos de odio

Vellas novas e os delitos de odio
25 de Setembro, 2026 - 07:37 h. | Publicada por Radiofusión

Concentración en apoio da Cruz Vermella. Contra os delitos de odio, o racismo e a xenofobia. As sete e media desta tarde diante do local da entidade, na rúa Dolores de Ferrol. Entidades sociais, sindicais e politicas da cidade amosaron o seu apoio  a esta convocatoria para amosar a repulsa polas pintadas racistas realizadas esta semana na ONG.

ESCOITA O PODCAST:

Preme aquí para escoitar o episodio sobre Ceuta de Vellas Novas:

https://redefusion-eu.us.stackstaging.com/audio/250926ROMERO.mp3

Fotografia Xan Xe

Declaracións de Juan Jesus Vivas, presidente de Ceuta, o 29 de xullo, víspera da entrada de máis de 70.000 persoas na cidade autónoma: 

“Non é posible, coa lexislación na man, devolver de inmediato ao inmigrante que entra ilegalmente en España e pide asilo”. “Quen o faga estaría incumprindo a lei e estaría cometendo un delito”. “No momento en que un adulto solicita asilo, e todos o solicitan, xa non se pode retornar ao pais de orixe. Imposible”.

A devolución a Marrocos de 55 menores no 2021 foi declarada ilegal polo Tribunal Supremo e houbo duas condeas por prevaricación administrativa. A delegada do Gobierno Salvadora Mateos e a vicepresidenta ceutí Mabel Deu, foron condenadas a unha pena de nove anos de inhabilitación para cargo público. A lexislación española, europea e internacional establece que unha condición necesaria para que o menor poida retornar é que este queira volver. 

 

O gran tema da nosa época é o secuestro e a cancelación do futuro, a prohibición do optimismo como programa politico. Coas estratexias de lavado de cerebro lanzadas desde grandes plataformas crean crises imaxinarias e sementan malestar. O pesimismo ten un efecto paralizador e abre a porta aos ultras que teñen como programa o regreso a unha comunidade de orixe fabulosa e incontaminada. Como hai cen anos, tratan de atopar un pandote para vehicular o odio e a viganza de masas embrutecidas. As élites que se benefician de desmontar a protección social desvian a atención coa fórmula de prometer identidade e unha imaxe fantástica e falsa do pasado.

 

Hai que reivindicar a utopía, unha sociedade cun mínimo de decencia, sentido de xustiza e alegria, non odio nin paixóns tristes. A tarefa do momento é imaxinar un mundo alternativo. Volver ao tentativo, aberto e experimental, reivindicar a imaxinación e a cultura humanista, consciente da experiencia histórica pero virada ao futuro. Traballar por unha sociedade máis igualitaria, plural, complexa e feliz. Subir impostos e reducir a xornada laboral, deben ser as primeiras reivindicacións. A opinión pública sobre o xenocidio de Gaza, contra a machosfera ou contra o cambio climático apuntan a un posible triunfo do sentido común, indica o escritor e filósofo Antón Baamonde.

Neste episodio de Vellas Novas participaron Ana Santiago, Karlotty, Emilio Romero e Henrique Sanfiz.

Sociedade

Publica o teu comentario agora