Velocidade e calor

Velocidade e calor
22 de Abril, 2026 - 03:37 h. | Publicada por Radio Fene

Éxito internacional no automobilismo dos pilotos da escudería Scratch Fene Édgar Vigo e Fátima Ameneiro. Recollemos en Radio Fene a valoración feita por Edgar Vigo durante a viaxe de volta á casa do equipo.

ESCOITA O PODCAST:

Édgar Vigo e Fátima Ameneiro consolídanse na elite do FIA Asia-Pacific Rally Championship. O equipo galego regresa da India en 2ª posición provisional do certame tras un podio épico no South India Rally. Deron un golpe de autoridade logrando unha terceira posición absoluta e un sexto posto na clasificación xeral. Este resultado os catapulta directamente á segunda posición do campionato ao ecuador da tempada. A proba non só foi un desafío técnico, senón unha batalla de supervivencia física. Con temperaturas en cabina que superaron os 50°C, o equipo demostrou unha preparación física e mental de primeiro nivel. 

 

Deportes

Publica o teu comentario agora