ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Balance moi positivo do Outlet de Fene. Moita xente e boas vendas. Foille ben ao comercio, que sacou moita mercadoría de inverno, e tamén á hostalaría que se beneficiou da animación nas rúas. O Outlet, organizado polo Concello e a Asociación empresarial O Cruceiro, atraeu clientela de Fene e do resto da comarca. Declaracións a Radio Fene de Ramón Domínguez, da asociación de empresarios e titular da tenda Mayka Moda
“Saíu perfecto, tivemos moitísima xente, ademais o tempo acompañou”, asegurou. “O mellor día foi, como sempre o sábado, pero tivemos xente os tres días días, estamos moi contemos”. Compradores de Fene e de fóra, de moitos outros lugares. A valoración positiva da feira de ocasións é compartida. Favoreceu ao comercio, que sacou moita mercadoría de anteriores temporadas, e tamén a hostalaría tivo días moi bos dada a afluencia de xente durante a fin de semana.
Publica o teu comentario agora